[PyCoruña] Presentacións

Mario Cordovilla González mariocordovilla at gmail.com
Fri Mar 30 18:16:12 CEST 2018


Hola a todas e todos!

Aproveito as vacacións para estrenar esta lista de Python Coruña. Inauguro
a lista presentándome: son Mario, son desarrollador e vivo na Coruña.

Quería darvos as gracias por unirvos a este grupo de programadoras e
programadores. Agardo que sexa o inicio dunha gran comunidade e que pouco a
pouco vaia a máis.

A miña experiencia con Python non é moita, pero si que é unha linguaxe da
que gusto e na que se poden facer mil e unha cousas. O que máis toco no día
a día é Django, que uso para desarrollar aplicacións web e APIs.

Gustaríame que este grupo dea a benvida a todas as desarrolladoras e
desarrolladores independentemente da súa experiencia coa linguaxe, e que
iso se reflicta nas reunións e actividades que fagamos. Estaría xenial
formar unha comunidade aberta a todos os niveis de programación e que sexa
accesible para que non controle de Python.

Quixera tamén recordarvos que temos un grupo en Telegram:
https://t.me/joinchat/AFjatRD4z5pRvdxIb4fpBQ
E a canle #python-coruña no slack de Coruña Developers:
https://corunadevelopers.slack.com/join/shared_invite/enQtMzAxMzU4MzMwMDMyLThkNWYwMzMzODUzMmE0MDE0MGFhZjIxM2U5MzdkYjhlNTM3ZDZhYjliNTk4NWRhYzYwMzI0MjRlZjUyN2JiN2U

Agora encantaríame saber un pouco máis de vos!

Un saludo!
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: <https://lists.es.python.org/pipermail/coruna/attachments/20180330/cfdd28c3/attachment.html>


More information about the Coruna mailing list