[PyVigo] Fwd: Python, a linguaxe da intenet das cousas.
Antón Rodríguez Yuste
anton at galiglobal.com
Thu Jun 21 16:43:28 UTC 2018
Reenvío por se fora de interese para alguén.
---------- Forwarded message ---------
From: CNT, Non Responder <nonresponder.cnt at xunta.gal>
Date: Thu, Jun 21, 2018, 14:42
Subject: Python, a linguaxe da intenet das cousas.
To:
Bo día:
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da
Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 28 de xuño de 2018, de
16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG unha xornada sobre
Python como a linguaxe da intenet das cousas.
Python é unha linguaxe de programación de propósito xeral e das máis
populares e estendidas a día de hoxe, polo que foi adoptado na maioría de
sectores na industria -finanzas, medicina, análise de datos...- e é
fundamental para o desenvolvemento de destrezas crave no sector TIC: Big
Data, Machine Learning, Data Analysis, IoT, estatística...
Os contidos teóricos e prácticos desta actividade enmárcanse no novo curso
Programming Essentials in Python deseñado polo Python Institute, que
prepara aos estudantes cara á superación da prestixiosa certificación
oficial Python Certified Associate Programmer (PCAP).
A axenda de contidos a tratar será a seguinte:
- Introdución, principais usos de Python: programación web, IoT, análise
de datos…
- Principios básicos de programación en Python, facendo énfase nas
características máis relevantes para as aplicacións da internet das cousas:
- Literais Python
- Operadores
- Variables
- Tomar decisións en Python
- Bucles
- Operacións lóxicas e de bits
- Crear funcións
- Uso de módulos e paquetes
- Erros
- Algunhas das excepcións máis útiles
- Caracteres e strings en Python
- Conceptos básicos da programación orientada a obxectos
- Propiedades
- Métodos
- Herdanza
- Traballando con arquivos reais
- Finalmente centrarémonos na explotación e análise de datos con Python
para así analizar os datos xerados e crear visualizacións atractivas dos
mesmos
O relator da xornada será Esteban Vázquez, docente de PUE, empresa que
xestiona e coordina o programa Python Institute en España. Con máis de 15
anos de experiencia no desenvolvemento de aplicacións e máster en Dirección
de proxectos.
Ao longo da súa carreira profesional ha ocupado diferentes roles,
desenvolvedor, analista programador, xefe de proxecto, e formador en
pequenas e grandes compañías. Actualmente atópase a cargo de diferentes
proxectos de realidade aumentada e uso de redes neuronais.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 27 de xuño. Pode inscribirse
no evento a través desta ligazón
<https://emprego.xunta.es/cntxes-pro/web/cntg/xornadas>.
En aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal e caso de que non desexe recibir máis correos informativos
sobre as actividades do centro, pode darse de baixa na lista de
distribución dende o seu perfil de usuario/a
<https://emprego.xunta.es/openamcntgpro/UI/Login?locale=gl&goto=https://emprego.xunta.es/cntxes-pro/web/cntg>
.
Un saúdo,
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: <https://lists.es.python.org/pipermail/vigo/attachments/20180621/6bb2456a/attachment.html>
More information about the Vigo
mailing list