[PyVigo] Trabajillo de scripting sobre GDrive y APPsheet

Ignacio González igonzalez en cetmar.org
Mar Nov 4 14:11:27 CET 2025


Bo día,

Desde o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) temos un pequeno traballiño que queremos externalizar...



Precisamos asistencia externa para automatizar a xestión da información recompilada na nube de Google Drive a través da aplicación AppSheet, desenvolvida por CETMAR no marco do proxecto APROMEX<http://www.apromex.gal/> para a realización mostraxes de campo.

A aplicación baséase nunha folla de cálculo (táboa de datos) onde cada punto de mostraxe corresponde a unha fila e cada columna a un campo de información asociado (adxúntase a estrutura da folla) nos que se inclúen campos que fan referencia a rutas ás imaxes capturadas nese punto de mostraxe. Actualmente, as imaxes recompiladas no drive non están organizadas en subcarpetas, o que dificulta a súa consulta. Ademais, queremos automatizar o almacenamento de copias de seguridade en PostGIS e nos nosos servidores e ter unha gran cantidade de imaxes na mesma carpeta dificulta a súa xestión.

Por este motivo, buscamos un servizo externo que leve a cabo as seguintes tarefas:

  *   Reorganización das imaxes do drive nun sistema de subcarpetas por categorías (data, campos da táboa, etc.), e axuda na modificación do AppSheet para o almacenamento de novos rexistros seguindo o mesmo sistema de subcarpetas.
  *   Descarga automatizada periódica da táboa de datos e das imaxes (backup e restore) de AppSheet desde Google Drive cara a unha base de datos PostGIS e un repositorio de imaxes en UTMAR-CETMAR.
  *   Revisión e limpeza de imaxes non referenciadas na folla matriz (imaxes subidas inicialmente a aplicación que xa non están rexistradas pero seguen almacenadas en Google Drive).
  *   Se é posible, redireccionar o almacenamento e acceso ás imaxes desde a aplicación de Appsheet a un servidor externo a GoogleCloud (servidor propio de CETMAR).



Os traballos deberán iniciarse no ano 2025, co pago do servizo na presente anualidade.


Exemplo parcial de táboa

Nombre campo

Información

Id Punto de observación

d6c05b39

Código do punto de observación

250213ENC02

Tipo_muestreo

Seguimento

Latitude

42,39757

Lonxitude

-8,758118

Id mostraxe

250213ENC

Data de mostraxe

13/02/2025

Hora de observación hh.mm

10:54:48

Punto seguimiento

Pampaído

Estacion seguimiento

2

Foto placa

Muestreos_Images/d6c05b39.Foto placa.095623.jpg

Raspado inicialmente

TRUE

Foto cuadrante previa raspado

Muestreos_Images/d6c05b39.Foto cuadrante previa raspado.162724.jpg

Foto cuadrante raspado

Muestreos_Images/d6c05b39.Foto cuadrante previa raspado.162724.jpg

Foto cuadrante raspado sen marco

Muestreos_Images/d6c05b39.Foto cuadrante raspado.162724.jpg



Se alguén esta interesado, pode contactar con Elena Couñago ecounago en cetmar.org que daralle mais información..


Un saludo!

 Ignacio Gonzalez



La posible información que pudiera contener este correo, relacionada con datos de carácter personal, se encuentra protegida en los términos exigidos por la RGPD /GDPR 2016/679, que compromete a no utilizar estos datos para fines que no sean los estrictamente necesarios para la realización de su cometido, añadiendo además la absoluta confidencialidad y exclusividad, quedando prohibida a cualquier persona su revelación, copia, distribución o el ejercicio de cualquier acción relativa a su contenido.



Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR

C/ Eduardo Cabello s/n - E-36208 Bouzas - Vigo (Pontevedra)

Tel. +34 986 247 047 Ext. 3702 Mov. 627355303 - Fax. +34 986 296 019 - www.cetmar.org<http://www.cetmar.org>


------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: <https://lists.es.python.org/pipermail/vigo/attachments/20251104/783b0bff/attachment-0001.htm>
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un mensaje adjunto que no está en formato texto plano...
Nombre     : Ejemplo_campos_appsheet.xlsx
Tipo       : application/vnd.openxmlformats-officedocument.spreadsheetml.sheet
Tamaño     : 13065 bytes
Descripción: Ejemplo_campos_appsheet.xlsx
Url        : <https://lists.es.python.org/pipermail/vigo/attachments/20251104/783b0bff/attachment-0001.xlsx>


Más información sobre la lista de distribución Vigo